··· Os nosos valores cooperativos ···
» Hai sombra forte, onde hai moita luz… «
Johann Wolfgang von Goethe
O feito de que montáramos unha cooperativa de traballo asociado, a quen nos coñeza, non lle sorprende. Trátase dun pequeno indicio do que nos move, e de manter unha idea de vida e dun latexar dentro, das persoas socias de ReCreo marketing.
Dende moi temprana idade aprendemos a cooperar, unirnos e relacionarnos a través do xogo. En ReCreo queremos manter ese mesmo espíritu e os seus valores.
Dende a horizontalidade, facendo a nosa labor xuntas, con equidade e respeto.
Dende a intercooperación, compartindo ferramentas, coñecementos, ideas e pareceres no mesmo patio de xogos.
Dende a solidariedade, achegándonos ás persoas que o precisen, compartindo xoguetes, para poder xogar todas xuntas con moita tolerancia.
Mostrando transparencia, mantendo unha relación sen trampas, deixando claro dende o principio quenes somos e que facemos…xogando limpo e de xeito responsable.
Para a conciliación, dende o apoio mútuo e o xogo en equipo. Porque compartir intres e xogos, é enriquecedor e está moi ben. Máis tamén hai que deixar tempo para nós e as nosas persoas máis achegadas.
Con responsabilidade, porque aínda que aprendamos, medremos e traballemos divertíndonos, a nosa labor é un xogo…que tomamos moi en serio.
Porque en ReCreo, cremos que o futuro é cooperativo.
Creamos iso entre todas.
CON · TRIBU · IR
“Porque as persoas soas, chegamos máis rápidas; pero xuntas, chegamos moito máis lonxe…”