BONO CONSOLIDA 2024

Publicada en DOG do 24 de xaneiro a orde pola que se aproban as axudas de ata 30.000 € para as empresas de economía social.

Estas axudas cubren distintos apartados, e ReCreo Marketing vos pode prestar servizo nos seguintes:

· Adquisición e desenvolvemento de sitios web

· Marketing, comunicación ou relanzamento comercial

· Reforma do centro de traballo

· Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa

· Actividades formativas para as persoas socias dadas de alta no RETA

As solicitudes débense presentar antes do 25 de marzo, e dado que as axudas serán concedidas ata fin de crédito, compre ir facendo xa as xestións.

As actividades subvencionadas poderán ser realizadas ata o 31 de outubro de 2024.

Consúltanos sobre os servizos que te podemos ofertar que quedan cubertos por estas axudas, e as dúbidas que te pode plantexar a solicitude da mesma.